O Concello presenta as actas do Congreso Pintos

69

No marco do Congreso de Valentín Paz Andrade, a Concellaría de Normalización Lingüística presentará, mañá, ás 13.00 horas no Pazo da Cultura as actas do Congreso Xoán Manuel Pintos. Actualidade e Compromiso. A presentación será a cargo do concelleiro de Normalización, Demetrio Gómez, ao final da sesión de mañá do Congreso de Valentín Paz Andrade.

O congreso Xoán Manuel Pintos tivo lugar do 6 ao 9 de abril de 2011, ano dedicado polo Concello ao autor pontevedrés, un dos precursores do Rexurdimento, defensor da normalización da lingua galega e autor da Gaita gallega (1853), considerado o primeiro libro da literatura galega moderna.

Ao longo do congreso, destacados especialistas déronse cita no Pazo da Cultura para afondar no contexto histórico, literario e sociolingüístico do escritor, co propósito de facer unha revisión do traballo deste pontevedrés, con especial atención á situación da lingua.