Os obradoiros de dinamización da lingua galega chegan ao Sagrado Corazón

80

Alumnos do CPR Sagrado Corazón de Xesús participarán mañá, venres 14 de decembro, nos obradoiros OPS! O galego a nosa vantaxe, dentro do programa que a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra desenvolve para dinamizar o uso do galego entre a mocidade.

O grupo integrado por 75 estudantes dividirase en dúas quendas, de 9 a 10.40 h e de 13 a 14.40 horas nas que, membros da Asociación Galega da Lingua (AGAL), traballarán cos participantes para poñer en valor a lingua galega, facendolles ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran, e mostrandolles a vantaxe de falar galego para poder comunicarse co mundo da lusofonía: de Portugal ao Brasil.