Mugartegui acolle mañá a presentación do libro de poesía Versus

39

O Pazo de Mugartegui acolle o martes, 18 de decembro, a presentación da escola poética Versus dos poetas Antón Borrazás, Miguel Queipo, Óscar de Souto e Manuel G. Pombo que consistirá nun recital poético-musical. Esta presentación conta coa colaboración da Concellaría de Cultura, que dirixe Anxos Riveiro.

Trátase "dun libro de combate" en palabras de Antón Borrazás no que conflúen distintas temáticas "pero con igual estilo reivindicativo e de loita".

Moitos dos poemas están musicados acompados de blues ou rock and roll. "É polo tanto, máis que un recital poético", aseguraban os autores, un grupo que naceron ao lume dos Faladoiros do Inglés Café da Coruña, e que consideran o acto de Pontevedra, a presentación formal desta escolma que conta coa colaboración de Hugo Álvarez como ilustrador "que describe perfectamente as poesías: unha escaleira pousada na lúa".