O luns comeza o servizo de asesoramento aos casos de desafiuzamentos do concello na Casa Azul

43

O Concello de Pontevedra e o Colexio de Avogados de Pontevedra poñen en marcha o vindeiro luns, 17 de decembro, a Oficina de asesoramento ás persoas ameazadas cun desafiuzamento. A oficina estará no segundo andar da Casa Azul, e estará aberta un día á semana, probablemente os luns, de 17.00 a 19.00 horas (o día da semana decidirase logo destes festivos).

Este servizo atenderá a todas as persoas que o soliciten que estean empadronados no Concello de Pontevedra, cando menos, nos últimos seis meses. Os interesados deberán solicitar cita previa e achegar toda a documentación que se lles solicite cando pidan a cita.

O servizo consistirá nun proceso de asesoramento e negociación cos bancos ou caixas, con carácter prexudicial, co obxectivo de tratar de acadar un acordo entre as partes e antes de acudir a un xulgado.

As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 851489 en horario de mañá ou enviar un correo a pgonzalez@concellodepontevedra.es