Os cemiterios históricos de Pontevedra, a estudo no CITA

40

A Concellaría de Patrimonio Histórico continúa mañá pola tarde coas actividades vinculadas ao coñecemento do importante patrimonio funerario do concello de Pontevedra. O CITA acollerá a partir das 20.30 horas a mesa redonda sobre “Os cemiterios históricos de Pontevedra: Santa María, San Domingos e San Bartolomeu O vello, á luz da arqueoloxía e da antropoloxía física”. Contarán coa participación de Xoán Carlos Castro (arqueólogo) e Olalla López Costas (antropóloga física).

Olalla López encabezou as investigacións realizadas nos cemiterios de Santa María, San Bartolomé o vello e San Domingos, onde se recuperaron “un bo número de esqueletes” o que lles permitiu coñecer como sería a vida cotiá desta población na Idade Media.

Froito da investigación, pódese concluír, entre outras cousas, que existía unha elevada mortalidade infantil, e poucos individuos superaban os sesenta anos. Tiñan unha dieta rica en peixe e en millo miúdo, en comparación ás poblacións europeas da Idade Media estudadas até hoxe. E tamén puideron concluír a importancia da incidencia das patoloxías infecciosas crónicas nesta población.