Pontevedra acolle a entrega dos premios da Mesa pola Normalización Lingüística

39

O Pazo de Mugartegui acollerá este mércores, 19 de decembro, a partir das 20.30 horas o acto de entrega dos premios da Mesa pola Normalización Lingüística que ese ano recaíron na Asociación de lingua portuguesa na Galiza (Premio Vía galego), e en Twenti, no premio Abertos ao galego.

O acto estará presentado por Quico Cadaval, e contará coa presenza de Carlos Callón, presidente da Mesa e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

Na presentación dos premios o concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez deu a noraboa á Mesa pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do pasado 25 de novembro. Dende a Mesa convídase a todos os cidadáns e colectivos que presentaron distintas iniciativas en defensa do idioma galego "durante estes catro anos de desgoberno" a participar na entrega destes premios.