Retido un millón de euros da paga extra de Nadal

46

O Pleno municipal acordou esta mañá a non dispoñibilidade da contía para o pago da paga extra da Nadal 2012. O expediente naceu dun informe do Servizo de Intervención do mes de setembro no que se daba conta da acadar o acordo de non dispoñibilidade do crédito. As normas para a interpretación da normativa do Estado chegaron ao Concello de Pontevedra o 25 de outubro, momento no que se comezou a elaborar definitivamente o expediente que foi debatido esta mañá na sesión plenaria.

Trátase dunha contía global de 983.000 euros dos cales 945.000 son de persoal funcionario e laboral; 22.000 euros do IMD; 10.000 euros de persoal do Pazo da Cultura.

O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González explicou no seu día que estes cartos non se poden destinar para ningunha outra finalidade. "Son cartos que non existen, a todos os efectos", asegurou.