O último roteiro do ano é un Castelato

67

O Concello de Pontevedra remata, por este ano, as visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a diferentes persoeiros pontevedreses de relevancia para a lingua galega, co obxecto de ligar o uso do idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Este último roteiro do ano 2012 é o Roteiro Castelao que se fará o mércores, 19 de decembro, para un grupo de 53 alumnos/as de 4º de ESO do IES Salvaterra.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.