Rematan no IES A Xunqueira II os obradoiros para acceder ao portugués a través do galego

64

Os obradoiros, que chegaron a preto de 300 alumnos/as, enmárcanse dentro do programa que a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra desenvolve para dinamizar o uso do galego entre a mocidade

Este mércores un grupo de 50 estudantes de ESO do IES A Xunqueira 2 participarán nesta actividade de 10.25 a 12.05 horas, para poñer en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran, e mostrar a vantaxe de falar galego para poder comunicarse co mundo da lusofonía: de Portugal ao Brasil.

Os participantes nos obradoiros, impartidos por profesionais da Asociación Galega da Lingua (AGAL), aprenden ao longo de dúas horas lectivas que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que, polo tanto, sabendo falar galego teñen unha clara vantaxe competitiva.