“Sexo na pedra”, fotografías de Federico de la Peña

70

Lugar: Palacete das Mendozas. Patronato de Turismo Rías Baixas.

Horario: de luns a venres, de 09 a 21 h. Sábados, domingos e festivos, de 10 a 14:30 h. e de 16:30 a 20 h.

Exposición "Sexo na pedra" con 40 fotografías de Federico de la Peña Santos. Nela figuran corenta fotografías tomadas dos elementos arquitectónicos das igrexas románicas de Galicia, con claro protagonismo das pontevedresas, que adoitan pasar desapercibidas para os visitantes e incluso para os propios veciños.

As imaxes mostran actitudes que a igrexa medieval consideraba que fomentaban o vicio e así se representaban órganos sexuais, escenas pornográficas, músicos, contorsionistas e personaxes comendo ou bebendo esaxeradamente e en posturas eróticas, así como as consecuencias derivadas deses actos, como o castigo ó que eran sometidos os pecadores.