Os Reis visitan aos nenos de Monte Porreiro

29

O Concello de Pontevedra colabora coas Asociacións de Monte Porreiro (ANPA O Miradoiro, Os Campos, Luís Seoane, Asociación Palilleiras A Fieitiña e Asociación de veciños O Miradoiro) no Festival de Reis que se celebra esta tarde, a partir das 17.00 horas, no Centro cultural de Monte Porreiro.

Neste festival representarase a obra de teatro “Camiño de historias” a cargo do grupo Migallas Teatro, e ao remate os Reis magos pasarán a ver a todos os nenos e entregarlles un pequeño agasallo.