Parques e Xardíns tala distintas árbores danadas polos temporais de decembro

64

A Concellaría de Parques e Xardíns está a realizar labores de tala e poda en distintas árbores de paseos e barrios da cidade que se viron moi dañadas cos temporais do pasado mes de decembro, e que na actualidade supoñen un risco para veciños e camiñantes.

Na actualidade, Parques e Xardíns traballa na tala dunha árbore no paseo do Gafos (pasada a ponte da avenida de Vigo cara Campolongo, á altura da rúa Fernández Ladreda) que os últimos temporais fixeron que cederan as súas raíces e estivera totalmente apoiada sobre a pasarela de madeira volada nese tramo do paseo. A perigosidade da situación deste exemplar obriga á súa tala.

Igual procedemento adoptarase ao respecto de distintos carballos enfermos (algún incluso seco) situados no paseo da avenida de Bos Aires, antes de chegar á praia fluvial. Os temporais de decembro chegaron a derribar unha destas árbores que obrigou a pechar a avenida durante varias horas, naquelas datas. Parques e Xardíns comprobou que se trataban dunhas árbores con mala saúde e con risco de caída, polo que nos vindeiros días procederase a talalas.

Tamén se realizou a tala de tres árbores no lugar da Ruibal, xa que se topaban apoidadas sobre o tendido eléctrico co risco que esto supoñía para veciños e viandantes.

Logo dos temporais de decembro, o servizo de Parques e Xardíns realizou distintas inspeccións polos paseos, parques da cidade e do rural para coñecer a situación dos arborados e os posibles riscos de caída. Acordouse actuar polo procedemento de emerxencia nestes casos, dado que moitos destes exemplares non chegarían a aguantar un novo temporal.