Programación de Nadal

36

As Festas de Nadal chegan ao seu remate cunha ampla programación de actividades infantís no centro urbano e no rural pontevedrés. Até o luns, 7 de xaneiro a programación é a seguinte:

Para hoxe, venres, 4 de xaneiro:

• Centro Cultural de Monte Porreiro. 17.00 horas. Migallas Teatro. Camiño de Historias.
• Centro Cultural da Devesa. 18.00 horas. Contacontos Pavís Pavós. Que frío! Contos para o Nadal.
• Casa da Cultura de Cons, Mourente. 18.00 horas. Expresión teatro. Conto Contigo.
• Colexio de Pio, Bora. 18.00 horas. Mago Pedro Volta. Maxireciclaxe.
• Teleclub de Xeve, 18.00 horas. Baobab Teatro. Contos do Azar.


Sábado, 5 de xaneiro:

• Cabalgata de Reis.


Luns, 7 de xaneiro

• Centro Cultural de Lérez. 18.00 horas. Mago Xavier Muro. Conto máxico.