“Arborízate”, plantación de árbores de Nadal

58

A campaña Arborízate ten a finalidade de fomentar a compra de árbores naturais, para poder ser replantados en duas parcelas de monte veciñal, en Santa María de Xeve e de Salcedo, os días 12 e 13 de xaneiro. As persoas que queiran participar contarán coa axuda de monitores o día da plantación, e recibirán unha fotografía da súa árbore e un localizador para que poidan seguir o seu crecemento.

Para formar parte desta iniciativa tan so hai que chamar ao teléfono 986 851 424 ou a través do enderezo electrónico montespontevedra@mundo-r.com