Cantos na Maré. Festival Internacioal de Lusofonía

40

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: 21 h.

Entradas: 25 e 30 €. Á venda en www.servinova.com e no teléfono 902 504 500 e o mesmo día do espectáculo dende dúas horas antes na billeteira do Pazo.

Cantos na Maré é o principal festival internacional de música dos países lusófonos. A través da lingua e da música traza un mapa común entre os territorios de fala galega e portuguesa e permite gozar da riqueza cultural de todos eles.

Esta aventura volve á cidade de Pontevedra para celebrar un aniversario redondo: o décimo. No escenario do Pazo da Cultura vivirase un espectáculo exclusivo que xuntará de novo figuras consagradas e artistas emerxentes baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges.

Nesta decima edición participan Rui Veloso (Portugal), considerado o pai do rock portugués; Chico César (Brasil), que xa estivo na primeira edición e volta con toda a súa enerxía para celebrar a décima; Cheny Wa Gune, o mago da fusión dos ritmos tradicionais mozambicanos coa música moderna; e Sés, unha das novas promesas musicais de Galicia, coñecida polos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino.