Comeza a rehabilitación do parque infantil da praza de Praceres

70

A praza dos Praceres disporá nas próximas semanas dunha remocicada área infantil. O Concello inicia hoxe a reforma e rehabilitación integral deste parque que suporá unha mellora substancial para esta zona infantil de Praceres.

Os traballos consistirán na reparación do peche perimetral, dos xogos, na retirada dos bancos de formigón que están dentro da área infantil e a reparación do firme de caucho onde se atopaban. Retirar este mobiliario urbano, que non era o máis axeitado para a zona, permitirá resituar os xogos dentro do parque para mellorar o seu aproveitamento e facilitar o xogo dos nenos que a diario empregan esta área infantil.