A mostra “O galego tamén noutros mundos” chega ao IES Torrente Ballester

41

A exposición O galego tamén noutros mundos poderá visitarse no IES Torrente Ballester do 9 ao 24 de xaneiro.

O galego tamén noutros mundos consta de trece paneis nos que se trata a dimensión aberta e internacional da lingua galega, contribuíndo á valorización social da lingua e rompendo prexuízos sobre o seu prestixio e utilidade; esta idea transmítese mediante 11 paneis:

Panel 1: portada
Panel 2: introdución
Panel 3: O galego, a lingua dun reino
Panel 4: Unha lingua internacional
Panel 5: Unha estadounidense, poeta en galego?
Panel 6: Unha lingua emigrante e exiliada
Panel 7: O mundo en galego
Panel 8: Conectados/as á rede
Panel 9: Galician sounds
Panel 10: Podo estudar galego en Budapest?
Panel 11: A nosa lingua unha marca de calidade
Panel 12: Falantes orgullosos/as
Panel 13: O galego tamén no meu mundo

  O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer de balde exposicións que teñen como fin promover a normalización da lingua galega mediante o coñecemento e a reflexión sobre distintos aspectos da nosa realidade e de persoeiros senlleiros para a historia da lingua galega.

  As exposicións da Concellaría de Normalización Lingüística, están á disposición de calquera colectivo que as solicite: centros educativos, asociacións e outras entidades interesadas na dinamización e promoción do uso do idioma galego.