As obras de emerxencia chegan á rúa avenida Raíña Vitoria

43

O Concello de Pontevedra inicia mañá as obras de emerxencia no paso de peóns elevado no cruzamento das rúas Rosalía de Castro con Raíña Vitoria. Son traballos necesarios para solucionar os problemas que ocasionaron as intensas chuvias que acompañaron aos temporais do pasado mes de decembro. Neste caso é preciso correxir o afundimento da calzada que resulta perigoso tanto para peóns como para condutores.

Os traballos comezarán mañá, a partir das 10.00 horas, por iso a Policía Local pechará o carril de tráfico de saída da cidade da avenida Raíña Vitoria (sentido Augusto García Sánchez – Alameda) para que os operarios poidan traballar con seguridade na zona, e as obras poidan ir ao mellor ritmo posible, ao fin de ocasionar as menores molestias posibles a condutores e peóns.

Os condutores que habitualmente fixeran esta ruta, a Policía Local propón canalizar os tráficos polas rúas Xeneral Rubín ou Alcalde Hevia (os que procedan de Eduardo Pondal) cara Fernández Ladreda.

Tamén poderán ir por Gagos de Mendoza, Rosalía de Castro, cara Palamios – San Roque ou Raíña Vitoria en dirección saída da cidade.

Sen embargo, permanecerá aberto á circulación o carril de entrada á cidade (Paseo Colón – Augusto García Sánchez).

Os vehículos procedentes de Palamios poderán atravesar Raíña Vitoria cara Pastor Díaz, ou incluso, os procedentes de Colón- Raíña Vitoria poderán cruzar cara Pastor Díaz, como un dos accesos ao centro histórico.

Tamén permanecerá aberta a dirección de Augusto García Sánchez cara a rúa San José.

As obras terán unha duración de 2 dúas semanas, que poderán reducirse en función do ritmo de desenvolvemento dos traballos.