David Cal e Hifas da Terra, Premios Cidade de Pontevedra

17

O xurado calificador do Premio Cidade de Pontevedra acordou otorgar os premios da presente edición a David Cal, na categoría de persoa física, e á empresa Hifas da Terra, na categoría de persoa xurídica.

Segundo explicou esta mañá a concelleira de Cultura e presidenta do Xurado, Anxos Riveiro, a elección de David Cal recoñece o importante logro neste ano 2012, ano olímpico, e por ser un dos deportistas máis premiados do país.

Na categoría de persoa xurídica, o gañador foi Hifas da Terra unha empresa pioneira no tratamento e producción de cogomelos. Tamén recoñece o seu labor investigador en distintas áreas, como tratamentos paliativos do cancro.

A concelleira destacou o recoñemento do xurado ás outras dúas candidaturas presentadas: o xornalista Eugenio Giráldez e o Banco de alimentos.

Os galardonados recibirán o tradicional teucro de prata nun pleno de honra que se celebrará o vindeiro luns, 21 de xaneiro, ás 13.00 horas no Teatro Principal.