Grande éxito de Nadalocio

31

Unha vez rematadas as festas de Nadal, o balance por parte da organización de Nadalocio é máis que positivo. Os datos que achega deixan patente un incremento nas visitas realizadas ao longo do Nadal ás instalacións do Recinto Feiral: 2.000 nenos e nenas máis que na edición de 2011, acadando cifras de máis de 18.000 persoas.

O parque de actividades de lecer, Nadalocio, instálase no Recinto Feiral de Pontevedra dende hai xa 11 anos e inclúe entre outras moitas actividades (Inchables, Tirolina, Toro mecánico, Karts, etc)  unha pista de xeo de 600m2. Unha das máis barata de Galicia xa que fronte aos 6 euros que costaba patinar 45 minutos en Pontevedra, en Vigo foron tamén 6 euros pero a pista estaba instalada nunha carpa, en Lugo e Vilagarcía a tarifa era de 7,50€ mentres que en Santiago alcanzaba os 8,50€.

Para adaptarse aos tempos que corren, fíxose o esforzo de manter os prezos. Iso, sumado a un bo traballo deron lugar un ano máis ao éxito de esta actividade promovida polo Pazo da Cultura e o Concello de Pontevedra.