Máis de 240.000 para o contrato de mantemento dos espazos públicos no rural

57

A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación para o mantemento das vías públicas no rural pontevedrés por valor de 241.980 euros, segundo informou esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo. 

O portavoz explicou que ao inicio do mandato o Goberno propúxose impulsar actuacións que incrementen a vida útil dos bens municipais. Por iso, elaborouse un plan de mantemento de espazos públicos tanto no rural como na zona urbana, que se manterá ao longo deste ano 2013.

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o plan de mantemento no rural que consistirá nunha contía para pequenos arranxos como eliminación de pucharcas, canalizacións de pluviais, acondicionamento de espazos públicos, mantemento de muros… por un valor de 241.980 euros.