O alcalde felicita aos estudantes da ESO premios ao Rendemento académico e ao Esforzo e Superación

64

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu a esta mañá a catro estudiantes de Bacharelato que recibiron os premios extraordinarios ao rendemento e ao esforzo e superación persoal polo seu expediente académico na ESO. Foron Sara Vidal García (Premio Rendemento Académico) do Torrente Ballester; e do Frei Martín Sarmiento: Sara Álvarez Quintas (Premio Rendemento Académico); Martina Cendón Dios (Premio Esforzo e Superación); Demetrio Vázquez Pazos (Premio Esforzo e Superación).

Fernández Lores felicitounos pola súa brillante traxectoria académica e explicoulles que son exemplo a seguir polos estudantes do concello e exemplo da mocidade actual, tan denostada no tempos que corren. Tamén lles encomendou a tarefa que continuar coas súa formación –a ser posible en igual nivel-, dado que “sodes o futuro deste país”.

Os rapaces recibiron un agasallo do Concello.