Oito familias participan mañá nas plantacións de árbores de Nadal Arborízate!

68

Oito familias participarán mañá na campaña Arborízate que puxo en marcha no mes de decembro a Concellaría de Monte Vivo, que xestiona o concelleiro Demetrio Gómez, co obxectivo de fomentar a compra de árbores de Nadal naturais como produto máis sostible que as artificiais, e permite a dinamización do sector.

A campaña desenvolverase mañá, a partir das 11.30 horas, cando está prevista a plantación das árbores destas familias nunha parcela do monte comunal de Pontevedra, na parroquia de Salcedo, no lugar de Armada. (Estrada a Figueirido, desvío Marín de arriba, logo, primeira desviación á man esquerda).

Os monitores axudarán aos participantes nestas plantacións, entregaranlle unha foto coa súa árbore, un localizador para que poida seguir o seu crecemento e poranlle o nome que consideren.