Reparacións en distintos barrios da cidade a cargo da Brigada Municipal de Obras

60

O Concello de Pontevedra iniciou esta mañá obras en distintos barrios da cidade, traballos que complementan as reparacións de emerxencia que o Concello iniciou esta mesma semana.

Estas novas obras están sendo executadas pola Brigada Municipal de Obras e estánse a executar en:

• Praza de San Xosé, onde se acomete a reparación de pavimentos
• Joaquín Costa, reparación de pavimentos
• Iglesias Vilarelle, acceso á igrexa de Campolongo: reparación de afundimentos no viario
• Álvaro Cunqueiro, reparación de pavimentos.

O calendario de actuación das Brigadas Municipais é máis amplo, e unha vez que rematen estas pequenas reparacións continuarán por outras zonas da cidade.