A Mesa social da bici coñece os proxectos de mobilidade ciclista na cidade

81

O Concello de Pontevedra celebra esta tarde unha reunión da Mesa social da bici á que asistirá o concelleiro delegado da área Miguel Filgueira, así como o concelleiro responsable da área urbana, Luís Bará que dará conta das obras de mellora da infraestrutura de mobilidade ciclista que na actualidade están centradas no borde do río Lérez (na Ponte dos Tirantes).

Tamén está previsto informar do proxecto de prolongación do paseo marítimo na avenida de Marín até Praceres, que mellorará a conexión ciclista do borde litoral. Asimismo, informarán das actuacións urbanas sobre mobilidade que se farán na rúa Benito Corbal e en Loureiro Crespo (diante do Hospital).

Outro dos puntos a tratar na reunión será a modificación do Código de Circulación que está a elaborar o Ministerio de Interior, un documento que aínda é un borrador.

Sobre as actividades de promoción da bicicleta, trataranse diversas propostas entre elas o apoio do Concello de Pontevedra á marcha organizada para este domingo, que na cidade está sendo promovida por Masa Crítica e Pedaladas, en colaboración coa Policía Local.

Tamén presentarán o premio Intermodes, o recente galardón que recibiu o Concello de Pontevedra polo modelo de cidade, plasmado no primeiro plano pedestre de Europa “Metrominuto”.