“As imaxes de Castelao: fotobiografía” chega ao IES A Xunqueira II

72

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer de balde exposicións que teñen como fin promover a normalización da lingua galega mediante o coñecemento e a reflexión sobre distintos aspectos da nosa realidade e de persoeiros senlleiros para a historia da lingua galega.
Neste caso, os alumnos e alumnas do IES A Xunqueira 2 poderán coñecer, do 17 ao 31 de xaneiro a vida e obra de Castelao grazas a esta exposición, composta por 200 fotografías dixitalizadas, montadas sobre 52 paneis de 90x130cm de cartón-pluma.
As exposicións da Concellaría de Normalización Lingüística, están á disposición de calquera colectivo que as solicite: centros educativos, asociacións e outras entidades interesadas na dinamización e promoción do uso do idioma galego.