Fausto. Ciclo Ópera no Cine

52

Lugar: Cine Box Vialia

Hora: 20 h.

Ciclo Ópera no Cine, coa proxección en diferido de "Fausto", ópera en 5 actos dende o Royal Opera House de Londres.

Fausto, de Gounod, foi opéra de máis éxito da súa época. Chegou a Convent Garden en 1863, catro anos despois da súa estrea parisiense, e pronto se converteu na favorita do público vitoriano. En 2004, Fausto volveu ao repertorio do Royal Opera con broche de ouro: a brillante produción teatral de David McVicar, situada no París do Segundo Imperio, deu ás súas coñecidas melodías, aos seus grandes conxuntos e á súa loita central entre o ben e o mal, unha nova vida.

Os espléndidos decorados de Charles Edwards evocan o París de Gounod, reproducen mesmo cadros da época, e a loita interna do compositor entre a devoción relixiosa e a paixón polo teatro proporciona un intelixente trasfondo. A caída de Fausto, o filósofo tentado polo demo Mefistófeles, e as terribles consecuencias do seu amor malsán pola inocente Margarida para ela e para o seu irmán Valentín, son trazados con perspicacia e virtuosismo teatral. Coa súa diabólica presentación do Cabaré L'Enfer, onde o famoso valse de Gounod conduce o segundo acto ata o seu emocionante punto álxido, esta produción reivindica Fausto para o século XXI.

O elenco inclúe ao prometedor Vittorio Grigolo como o elegante Fausto, a René Pape como o seu némesis Mefistófeles, a Dmitri Hvorostovsky como o desafortunado Valentín e a Angela Gheorghiu, que volve ao papel que xa interpretou nesta produción en 2004 como a inocente Margarida.

Duración : 170 min. +info. en www.cinebox.es