“Motores” en concento. Xira XX aniversario

82

Lugar: Sala Karma

Hora: 20:30 h.

Entradas: 6 € á venda en taquilla

A quen lle guste o rock poderá gozar dun repaso de todos os discos de Motores, en especial "Noche de Lobos" e "Día perfecto", nun dos típicos e intensos directos da banda, que con este concerto seguen a Xira XX aniversario, cunha gran participación de público ante a súa volta, xa pasaron por Ferrol, Porto do Son, Portonovo, Vigo, Lugo e Baiona para volver á súa cidade de orixe.

A Sala Karma será o lugar de peregrinación de toda aquela xente que gozaba do rock duro e o heavy metal dos 80-90 e de todas as novas xeracións que tamén o descobren e gozan agora, así que a partir das 22:30 comezará o concerto con Que Desilusión e Vortex, para seguidamente escoitar o rock duro e agresivo de Motores.