O Concello consensúa cos veciños da Colonia Pina a reforma da rúa

63

O concelleiro delegado do rural, Demetrio Gómez e a concelleira delegada da parroquia de Salcedo, Carmen Fouces manteñen esta tarde unha reunión cos veciños da Colonia Pina para consensuar as reformas que o Concello quere realizar neste barrio.
O concelleiro Demetrio Gómez exporalles a vontade do Concello de mellorar substancialmente esta zona da parroquia, dándolle o tratamento máis cercano posíbel ao centro urbano. Existen problemas reais de orografía dado que se trata dunha rúa cunha inclinación importante e, ademais, moi estreita que dificulta o traballo de maquinaria pesada nela.
De todos os xeitos, o Concello ten vontade de mellorar a calidade de vida dos veciños tratando o espazo público, na medida en que se poida, e achegandoo aos stándares de calidade que existen no centro urbano. Mellorar os espazos públicos dos barrios e dos centros de centralidade parroquial, é unha das políticas nas que traballa nos últimos anos o Goberno local.