Reparación de lastros na rúa Riestra

40

A empresa Crespo inicia nestes días traballos de reparación de lastros na rúa Riestra, no tramo comprendido entre as rúas Gutiérrez Mellado e Marquesa, logo de acordar cos servizos técnicos municipais esta reparación, dado que a obra aínda está en garantía.

Trátase de colocar unhas poucas pezas que se soltaron logo da reforma realizada polo Concello. A zona na que se vai intervir xa está vallada e os traballos durarán uns días.