Zafarrancho de limpeza nas rúas Camiño de Ferro e Bardo

71

 A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza da área urbana do municipio. Limparanse as rúas Camio de Ferro e rúa o Bardo, en ambas marxes.

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.

  A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.