Concerto de “La cada de los ingleses”

70

Lugar: Pub Camarú

Hora: 00 h.

Entrada: de balde

Concerto a cargo de "La casa de lis ingleses", grupo pop-rock indie que compón as súas letras en castelán e que se inspira na música chamada "independente" da escena española dende os 90 ata hoxe. "La casa dos ingleses" comeza en 2009, pouco a pouco, de xeito espontanea e casual. No faiado dun dos integrantes, sen baixo e con moi poucos medios, comezaron facendo versións de Vetusta Morla, Deluxe, etc. Co tempo foron incorporando máis versións e creando as súas propias cancións. Na actualidade teñen ao redor de dez cancións propias, e moitas ganas de tocalas! Ademais xa teñen baixo, e pasaron do faiado ao galpón!

As súas últimas actuacións foron no Festival dá Pulga (Fabrica de Pena de Cambados), na Gala Benéfica por Alex (Cine Salesianos, Vigo), en Código Le Club (Vigo), no Pub Moravia (Poio), na Praza da Verdura (Pontevedra) durante as festas de verán, no Troco Bar (Pontevedra) e en La Boîte (Pontevedra).