Convocatoria Celga 1, 2, 3 e 4, para adultos e colectivos de Galicia

100

No DOG núm. 4, do luns 7 de xaneiro de 2013 publícase a convocatoria para os cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4, para adultos e colectivos de Galicia. Todos os cursos (70 horas lectivas) e os exames están programados para antes do verán.

O día 25 de xaneiro de 2013 finaliza o prazo de solicitude, particular ou colectiva, dos cursos. As solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia (Campolongo), ou en calquera das dependencias ás que se refire a Lei 30/1992 (art. 38.4º). Os modelos de solicitude son os anexos I (para particulares) e II (para colectivos) da orde publicada no DOG (no arquivo xunto).

 

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF