Os mellores loitadores galegos competirán este sábado en Pontevedra

51

Pontevedra acolle este sábado, día 19, no pavillón do Estadio da Xuventude (CGTD), o campionato Galego de loitas olímpicas nas categorías sénior e cadete.
A competición, que Pontevedra acolle por terceira vez, foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández; o director técnico da Federación Galega de Loita, Nicolás Castro, e o secretario técnico do club Loita Pontevedra, Marcos Miragaya.
Os combates, nas modalidades de Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Libre Feminina, disputaranse entre as 10 e as 14 horas. A entrada é gratuíta.
Agustín Fernández destacou que a cidade de Pontevedra confírmase como a capital das loitas olímpicas, neste principio de tempada, non só polo curso para o ascenso a árbitro nacional organizado no CGTD de Pontevedra, senón tamén pola disputa da competición máis importante do ano: o campionato Galego sénior, que dará acceso o campionato de España das diferentes modalidades deportivas.
O concelleiro destacou que trátase dun deporte de gran atractivo estético, polo que animou a todos os amantes do deporte a pasarse polo pavillón do Estadio.  Nicolás Castro destacou que trátase do deporte máis antigo do mundo e que se atopa en plena expansión, a pesar da crise económica.
Os mellores loitadores galegos, confirmaron a súa inscrición onte, último día para facelo. Xa que o campionato de España, conformará o equipo nacional que dará acceso os campionatos continentais e mundiais de Loitas Olímpicas.
Cunha inscrición de 200 deportistas pertencentes aos 17 equipos galegos, a competición promete. As opcións do club de Loita Pontevedra teñen a Pablo García, sénior de primeiro ano, a súa principal baza.
Para os que non podan achegarse o pavillón, tamén poderán seguir o campionato online a través do enlace www.arenadirecto.com.
O campionato conta coa colaboración da Concellería de Deportes, Diario de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, da Secretaría Xeral para o Deporte e dos colaboradores e patrocinadores de este evento. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.
Agustín Fernández quixo destacar os logros acadados polo club de Loita Pontevedra, nado en 2008 ao calor das Escolas Deportivas Municipais e grazas ao impulso da Federación Galega. Conta con máis de 30 deportistas, dos que a metade están aínda en grupos de idade e constitúen unha forte aposta de futuro. A Escola conta xa cunhas 40 persoas de todas as idades.
Nicolás Castro enxalzou o alto nivel dos loitadores pontevedreses e galegos e subliñou que, de continuar a traballarse nesta liña, haberá varios nas próximas Olimpíadas de Río de Xaneiro.