Peche do CITA para facer traballos de mantemento

120

Dende esta semana, o Concello de Pontevedra mantén pechado o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) para facer traballos habituais de mantemento relacionados coa restauración do vestixio arqueolóxico.
Estes traballos obrigan a pechar este centro expositivo sobre a historia da cidade, que volverá a abrir as portas unha vez que remate esta intervención, aproximadamente, a finais de mes.