Babs. Domingos do Principal

45

Lugar: Teatro Principal

Hora: ás 12 h. e ás 18:30 h.

Babs de Baobab Teatro. Hai planetas e planetas, e está Babs. Babs é un planeta moi, moi pequeno que só ten tres habitantes: Mamá, papá e Babo. Babo é un ser moi, moi pequeniño que quere descubrir o mundo. Mamá e papá non queren que lle pase nada malo a Babo e sempre din NON, pero Babo necesita investigar, descubrir e explorar. Babo explora tanto que desaparece. Babs é un espectáculo tenro e acolledor para gozar en familia. Teatro de actor e monicreques. Recomendado a partir de 1 ano. Duración: 40 minutos.

Entradas á venda en www.servinova.com (3 € +gastos). No caso de quedar entradas dispoñibles, poderanse adquirir tamén na billeteira do Teatro 2h. antes do espectáculo.