Bon Appettit. Domingos do Principal

37

Lugar: Teatro Principal

Hora: ás 12 h. e ás 18:30 h.

Bon Appettit de Teatro dos Ghazafelhos. Antua de la Sardiní, Philip de toucignón e Fransuá de la Berenxem son tres chefs que nos van mostrar os segredos da cociña tradicional seguindo o libro de Cunqueiro “A cociña galega”. Unha comedia total en clave de clown onde a cociña é o ingrediente perfecto para partirse de risa. Teatro de actor: Humor. Recomendado a partir de 3 anos. Duración: 60 minutos.

Entradas á venda en www.servinova.com (3 € +gastos). No caso de quedar entradas dispoñibles, poderanse adquirir tamén na billeteira do Teatro 2h. antes do espectáculo.