“Chaos” de Luis e Matos

54

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 19 h.

"Luis de Matos CHAOS" é o novo espectáculo unipersoal do mago portugués máis premiado e distinguido da historia. Así como o aleteo dunha bolboreta en Tokyo pode causar un furacán en Nova York, tamén a presenza de cada espectador se ve reflectida en cada representación de "Luis de Matos CHAOS". Unha viaxe inesquecible, chea de interacción e misterio, chea de feitos inexplicables que perduran na memoria de cada espectador que os vive.

Neste espectáculo os máis estraños elementos interactuar máxica e sorprendentemente. Saramago dixo unha vez que "o caos é unha orde por descifrar". En "Luis de Matos CHAOS", o "descifrar" non é unha opción. O espectáculo de noventa minutos é unha combinación única da imaxinación colectiva de todos os que participan nela. Unha experiencia máxica sen precedentes, unha colección de misterios que se fan realidade en cada representación, o que constitúe unha máxica viaxe persoal, intransferible e memorable. Ilusión ou realidade? A elección é túa… "Luis de Matos CHAOS" é un espectáculo para toda a familia!.

Entradas á venda en www.servinova.es e no teléfono 902 504 500.