SÁBADO 26 DE XANEIRO
12.00 h. Pasarrúas Madamas e Galáns de Cobres.
SÁBADO 2 DE FEBREIRO
12.00 h. Pasarrúas dos Volanteiros de Chantada.
VENRES 8 DE FEBREIRO
20.00 h. Praza da Verdura. Degustación de filloas de Entroido.
20.45 h. Praza da Verdura. Urco, rei do Entroido, chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Solfamidas , Os da Caña, Clave de Sol, Las Flores del Carnaval, Os Paparrulos, A Esmorga, onde será recibido polo alcalde.
Lectura do pregón.
SÁBADO 9 DE FEBREIRO
11.00 h. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Clave de Sol.
16.00 h. Rúa Xosé Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número.
17.00 h. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda.
20.00 h. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.
LUNS 11 DE FEBREIRO
17.30 h. Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces.
19.30 h. Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuacións: Grupo Foula e Escola de Batukada de Pontevedra.
21.00 h. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXII Concurso de Murgas.
MARTES 12 DE FEBREIRO
16.30 h. Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra.
17.00 h. Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, Cé Orquestra Pantasma e varios DJ.
22.00 h. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira!. Asociación Combrus e Troula.
A continuación animación de rúa coas comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Paparrulos, A Esmorga, Val do Lérez, Clave de Sol e Vamos a Todo.
MÉRCORES 13 DE FEBREIRO
17.00 h. Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”.
18.00 h. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra Bahía.
19.00 h. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación da Asociación Pola Vila.
21.00 h. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XX II Concurso de Murgas.
XOVES 14 DE FEBREIRO
21.00 h. Pazo da Cultura. Final do XXII Concurso de Murgas.
VENRES 15 DE FEBREIRO
23.00 h. Prazas e rúas da cidade. XVIII Mostra da Parodia do Entroido.
02.00 h. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XVIII Mostra da Parodia do Entroido.
SÁBADO 16 DE FEBREIRO
CENTENARIO DO ENTERRO DO LORO RAVACHOL
12.00 h. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo.
18.00 h. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.
21.00 h. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e as comparsas Os Paparrulos, A Esmorga, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Vamos a
Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.
VELADA INFAUSTA
Cabodano centenario das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.
Programa:
1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado.
2º Celme, danza da morte.
3º Pola Vila, A Loita da Alma.
4º Val do Lérez.
5º Apoteose final co concerto de Roi Casal, O Boticario Gaiteiro.
XOVES 21 E VENRES 22 DE FEBREIRO
XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA
Exposición “Entroido de Galiza”, de 17:00 a 21:00 h. na Casa das Campás. Organiza Sociedade Antropolóxica Galega.
VENRES 22 DE FEBREIRO
19:00 h. Relatorios na Casa das Campás: Antonio Vázquez, “O Entroido urbano en Pontevedra”. José Ángel Rodríguez, “O Entroido en Vilaboa, madamas e galáns”. Miguel Losada, “O Entroido en terras de Ourense”. Organiza Sociedade Antropolóxica Galega.