Humanos. Domingos do Principal

46

Lugar: Teatro Principal

Hora: ás 12 h. e ás 18 h.

Humanos de Marie de Jongh (Euskadi). Esta é a historia de dous robots que xogan a ser humanos. Dous “seres” viven envoltos nunha felicidade aparente. Recrean constantemente condutas humanas. Pero un día algo pasa, algo comeza a fallar, e un deles consegue ser sensibel ao amor. Espectáculo mudo. Teatro de actor. Recomendado a partir de 6 anos. Duración: 55 minutos.

Entradas: á venda en www.servinova.com (3 € +gastos). No caso de quedar entradas dispoñibles, poderanse adquirir tamén na billeteira do Teatro 2h. antes do espectáculo.