Charcas con vida, o proxecto de Adega para celebrar o Día mundial dos humidais

44

A Concellaría de Parques colabora o vindeiro 2 de febreiro con Adega para celebrar o Día mundial dos humidais coa presentación do proxecto Charcas con vida, iniciativa para a conservación das charcas, que se presentará nunha xornada de conferencias sobre as charcas e as súas vidas no Pazo da Cultura.

Nestas xornadas falarase da importancia das charcas na conservación da biodiversidade, dos odonatos, dos anfibios, e tamén se coñecerán as experiencias de conservación das charcas en Menorca e en Portugal. A xornada pecharase pola tarde coa presentación da iniciativa Charcas con vida.

Ver documento PDF