Chega o entroido!

30

REPRESENTACIÓN DOS ENTROIDOS DE GALIZA
SÁBADO 26 DE  XANEIRO
12.00 horas Pasarrúas Madamas e Galáns de Cobres
SÁBADO 2 DE FEBREIRO
12.00 horas Pasarrúas dos Volanteiros de Chantada
VENRES 8 DE FEBREIRO
20.00 horas  Praza da Verdura. Degustación de filloas de Entroido
20.45 horas Praza da Verdura. Urco, rei do Entroido, chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas  Os Solfamidas , Os da Caña, Clave de Sol, Las Flores del Carnaval, Os Paparrulos, A Esmorga, onde será recibido polo alcalde.
  Lectura do pregón


SÁBADO 9 DE FEBREIRO
11.00 horas Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Clave de Sol
16.00 horas Rúa Xosé Malvar. Concentración dos  participantes no desfile para realizar a  inscrición e recollida do número
17.00 horas Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda
20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades


LUNS 11 DE FEBREIRO
17.30 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces
19.30 horas Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol
   Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
  Actuacións:
   Grupo Foula
   Escola de Batukada de Pontevedra
21.00 horas Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXII Concurso de Murgas


MARTES 12 DE FEBREIRO
16.30 horas Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra
17.00 horas Praza da Ferraría.  Festa Pirata de Entroido Infantil.
Animación infantil con Rivel, Cé Orquestra Pantasma  e varios DJ
22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira!
Asociación Combrus e Troula
A continuación animación de rúa coas comparsas:
Os da Caña
Solfamidas
Las Flores del Carnaval
Os Paparrulos
A Esmorga
Val do Lérez
Clave de Sol
Vamos a Todo


MÉRCORES 13 DE FEBREIRO
17.00 horas Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”
18.00 horas. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra Bahía.
19.00 horas Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
   Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade
Actuación da Asociación Pola Vila
21.00 horas Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XX II Concurso de Murgas


XOVES 14 DE FEBREIRO
21.00 horas Pazo da Cultura. Final do XXII Concurso de Murgas


VENRES 15 DE FEBREIRO
23.00 horas Prazas e rúas da cidade. XVIII Mostra da Parodia do Entroido
02.00 horas Praza da Ferraría. Entrega de premios da XVIII Mostra da Parodia do Entroido

SÁBADO 16 DE FEBREIRO
CENTENARIO DO ENTERRO DO LORO RAVACHOL
12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
21.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e as comparsas Os Paparrulos, A Esmorga, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría

VELADA INFAUSTA
Cabodano centenario das honras fúnebres do fenecido Ravachol
Praza da Ferraría
Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.
Programa:
1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado
2º Celme, danza da morte
3º Pola Vila, A Loita da Alma
4º Val do Lérez
5º Apoteose final co concerto de Roi Casal, O Boticario Gaiteiro

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF