Corte dun carril da ponte dos Xulgados a partir do xoves

79

A ponte dos Xulgados quedará parcialmente pechada ao tráfico dende o xoves, 24 de xaneiro até o día 4 de febreiro.
A empresa adxudicataria das obras do AVE, ao seu paso pola cidade, debe resolver algúns problemas detectados coa canalización de augas pluviais na ponte antes de que o Concello recepcione esta obra civil.
Estes arrranxos obrigarán a pechar un carril de tráfico na ponte, en dirección Doce de Novembro cara Pintor Laxeiro, xa que hai que abrir parte da calzada para  resolver este problema.
O peche será a partir das 10.00 horas do xoves, e a Policía recomenda a entrada ao barrio da Parda a través de Joaquín Costa e A Estrada, e Loureiro Crespo, mentres dure este peche.