Malas palabras, de Katarsis Educación Teatro

70

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: ás 10 h. e ás 12 h.

A compañía Katarsis Educación Teatro cóntanos a historia de Flor unha escritora que, desde o seu escritorio, nos conta como descubriu o segredo mellor gardado polos seus pais: a súa adopción. Cando tiña 9 anos, a Flor e o seu amigo o Pelos encantáballes buscar malas palabras no dicionario. A mesma curiosidade levou a Flor a descubrir que os seus pais non eran os seus pais, que os seus avós non eran os seus avós, que os seus tíos non eran os seus tíos… Flor era adoptada. Flor pasa por unha etapa escura, na que pensa que os seus pais a traizoaron e lle mentiron.

Actividades dirixidas a escolares de 2º ciclo de primaria. Duración: 55 minutos. +info. en www.escolares.obrasocialncg.com