Apoio á manifestación de Queremos galego

51

O Concello de Pontevedra apoia a manifestación convocada por Queremos galego para este domingo, 27 de xaneiro en Santiago de Compostela en contra da nova lei de educación que tramita o ministro Wert. A manifestación vai dirixida á derogación do Decreto no que o galego perde a condición xurídica de lingua propia. 

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a representantes de distintos colectivos que apoian esta manifestación e fixo un chamamento á asistencia a esta manifestación na defensa da lingua "dese valor cultural que nos define como país. Se defendemos a lingua avanzamos como país e na mellora da calidade de vida dos cidadáns".

Queremos galego flotará autobuses dende todas as comarcas para que se acheguen a Santiago. Para usar este servizo, hai que entrar na web de Queremos galego e cubrir o formulario creado para esta manifestación.