Continúan os traballos de accesibilidade na praza da Ferraría polo Paseo Odriozola

89

Hoxe comezaron os traballos de eliminación de barreiras arquitectónicas no paseo Odriozola tal e como anunciou onte o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, quen explicou que os traballos xa están rematados na rúa diante da praza da Estrela, e agora continúan polo paseo Odriozola pola parte máis próxima ao edificio sindical.

Dado que se retrasa a instalación dun gran transformador de Fenosa na entrada do paseo (ao lado dos morróns BOA), a Concellaría acordou que os traballos continúen pola zona máis próxima ao edificio dos sindicatos, porque tamén influirá menos nas actividades programadas no Entroido que comezará en tres semanas.

Luís Bará asegurou que as obras van a bo ritmo e a execución das obras poderá rematarse a finais de abril, segundo a previsión inicial. De non ser así, poderase solicitar unha prórroga da obra.