As obras da Ponte dos Tirantes melloran a seguranza viaria, a accesibilidade e a mobilidade peonil e ciclista

53

Os concelleiros Luís Bará e Miguel Filgueira, responsables de accesibilidade e mobilidade ciclista, visitaron esta mañá as obras que se están a desenvolver nas proximidades da ponte das Tirantes e na propia Ponte. Os traballos están moi avanzados, e se as condicións meteorolóxicas acompañan algo, os traballos poderán rematar en prazo, arredor do mes de marzo.

O concelleiro Luís Bará explicou que estes traballos ofrecen unha triple solución para a zona. A máis importante é implementar a zona con medidas de seguridade viaria dado que a ponte dos Tirantes é a zona da cidade con maior accidentalidade, nalgúns casos con carácter grave. Para evitar esto, construiránse varios pasos de peóns sobreelevados: no entronque da rotonda con José Malvar, nas entradas é saídas da ponte dos Tirantes, e tamén na entrada á avenida de Bos Aires cara Monte Porreiro, onde se trasladará o actual paso de peóns detrás da pilastra dos tirantes da ponte.

A segunda solución destas obras é a mellora da accesibilidade na zona porque é un espazo con moitos problemas, especialmente perigoso para os deportistas que entrenan pola zona e os que acceden dende o Centro de Tecnificación con piraguas.

Finalmente a obra permitirá a mellora da mobilidade peonil e ciclista, e especialmente a práctica deportiva. O concelleiro Luís Bará lembraba que este espazo do río é, cada vez, máis frecuentado polos cidadáns o que facía preciso amplialo. Ademais, mellorarase a iluminación.

A Concellaría xa se plantea continuar estas actuacións "moi necesarias" de cara a este mesmo ano ou ao vindeiro, por Rafael Areses e a avenida de Compostela, onde hai unha barreira importante. De tal xeito que haxa continuidade peonil e ciclista e unir, definitivamente, a Illa e todo o seu espazo de esparcemento cara a zona de Mollabao.