Redeséñase a web municipal de mobilidade

96

Pontevedra publicou hoxe unha nova edición da súa web municipal de mobilidade, que recolle toda a información relativa a esta importante área da xestión urbana, e que aparecerá conectada ao resto das webs do Concello. O enderezo electrónico é www.pontevedra.eu/movete  
O recente anuncio de concesión do premio Intermodes condicionou un redeseño do espazo virtual, que ademáis dos contidos que xa existían, inclúe un amplo capítulo relacionado con este premio. 
En total, dispón de 62 contidos textuais distintos, agás os de actualidade, que son compartidos con outras webs municipais. Este contido agrúpase en 16 capítulos: o relativo ao premio Intermodes, planos da cidade e o municipio, metrominuto, a mobilidade natural, a motorizada, o transporte público, a intermodalidade, accesibilidade universal, seguridade viaria, cultura viaria, camiño escolar, infraestruturas, rede de sendas, un completo guieiro urbano, ademáis de utilidades e un sistema de contacto. 
Tamén aparecen na portada videos, fotografías, links aos medios de comunicación locais e mesmo os avisos sobre o tráfico a motor que emite o Cetra da Policía Local.  Durante unhas semanas, as webs municipais incluirán un link flotante sobre o Premio Intermodes, que levara o usuario a visitar toda a información disponíbel sobre este importante recoñecemento europeo.