Gaivotas subterráneas, a vindeira semana no Pazo

28

Esta mañá a concelleria de Cultura Anxos Riveiro Portela, presentou, acompañada polo director Artur Trillo e o actor Luis Iglesia, parte do elenco xunto a Xabier Deive que non puido acudirá presentación, este estpectáculo teatral baseado no texto de Alfonso Vallejo e coproducido por Talía Teatro, Voz Audiovisual e o RTA, “Gaivotas Subterráneas”.

Será o mércores 6 o xoves 7 ás 21:00 horas no Pazo da Cultura cando poidan disfrutar deste espectáculo, que segundo o director Artur Trillo, “se asemella ao que sería en linguaxe cinematográfico un thiller, cargado de ironía dura e humor negro” que fixo rir ao público máis do agardado, tal e como comentou Luis Iglesia. As entradas están xá á venda en servinova a un prezo de 8€ (5€ para estudantes, parados e xubilados) e dúas horas antes de cada función na billeteira do Pazo.

A historia, que fala da xuntanza de dous amigos nunha casa abandonda no medio do monte, agocha moitas sorpresas e convida ao espectador a permanecer alerta e xogar a adiviñar que vai ser o seguinte que aconteza.

Unha produción de éxito grazas á conxunción de 3 grandes empresas e ao equipo composto por Artur Trillo, Luis Iglesia e Xabier Deive. Ambos actores traballan xuntos en Matalobos e teñen unha grandísima compenetración, así coma unha moi boa relación persoal e profesional como equipo que facilitou as adaptacións do texto ao longo dos ensaios, xa que lle deron “unha volta a este texto de hai 30 anos, a nivel de asunto e de linguaxe para adaptalo aos tempos” e segundo palabras de Luis, “esto non houbera sido sinxelo nin posible traballando con outro compañeito nin con outro director”.

Na rolda de prensa celebrada esta mañá, Artur Trillo destacou o esforzo que estaban a realizar as compañías teatrais neste momento no só por mor da crise, senon pola situación do AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais) e a Rede Galega de Teatros, que dificulta a contratación e supervivenza das mesmas. Con el coincidíu Luis Iglesia, quen amosou a súa contrariedade ao ver como se está “desbotar unha riqueza de actores que levou 25 anos formar e facer competitivos e recoñecidos o noso sector audiovisual e teatral en tan pouco tempo e con tan poucos recursos, do mesmo xeito que se perde esa cercanía có público que admira e se sinte cercano ao producto de éxito que se facía aquí, no país”