Máis de 400.000 euros para o mantemento dos xardíns do concello

55

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a prórroga dun ano do contrato de mantemento dos parques e espazos verdes do Concello, até o 28/2/14 á empresa Elsamex. O contrato presenta dous aspectos: mantemento por valor de 400.000 euros e nova inversión (plantas, arborado…) por 100.000 euros.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a prórroga do contrato de sinalización horizontal por un ano, até o 31/1/14. O custe deste contrato é de 202.000 euros á empresa API.